Este DiversaKit é un manual colectivo de recomendacións para gardar e respectar a diversidade como parte imprescindible da nosa realidade, como riqueza das nosas comunidades e como recurso para o desenvolvemento.
Esta guía foi elaborada durante o Hackathon celebrado en maio de 2018 en Silleda, unha actividade de creación e activismo que xuntou os grupos participantes do proxecto EpDLAB do curso 2017-18.
