ODS por un mundo xusto

Por |2017-10-25T18:15:31+02:0025 Maio, 2017|Animación, Blog, Cooperación e voluntariado|

O penúltimo obradoiro desta edición de EpdLab adicámolo a falar de cooperación e voluntariado. Dúas palabras que todas as persoas coñecemos aínda que non sempre temos claro o que significan xa que moitas veces tendemos a misturalos con ideas asistencialistas que pouco, ou nada, teñen que ver coa cooperación que, por definición, implica co-laboración.

Comezamos vendo como a nosa posición no mundo fainos ver a realidade dunha determinada maneira. De novo a subxectividade que víramos que existía nos medios de comunicación pero agora aplicada a nós mesmas. Cuestionando a nosas visión do mundo e visibilizando o reparto desigual, a través dunha serie de mapas, chegamos á conclusión de que se queremos un mundo xusto, equilibrado, a para iso faise preciso xuntar as nosas forzas.

Go to Top