Loading...
BLOG2017-10-26T19:23:32+02:00
2203, 2023

4º obradoiro: Videocartas . República Dominicana.

22 Marzo, 2023|Categorías: Blog, IES Illa de Ons, República Dominicana, Videocartas|

Neste cuarto obradoiro falamos sobre a República Dominicana, a súa situación xeográfica, capital, clima e moitos outros datos de interés como a súa pobreza e falta de acceso a sanidade e a educación. A través dunha videocarta enterámonos de moitos dos gustos e hábitos da rapazada da nosa idade.

Para finalizar fixemos nós tamén, a modo de resposta, unha Vídeocarta para o Batey La Balsa en República Dominicana.

1603, 2023

VIDEO-CARTAS COA REPÚBLICA DOMINICANA

16 Marzo, 2023|Categorías: Blog, IES de Brión, Interculturalidade, República Dominicana, Videocartas|Tags: , , |

Moitas veces esquecemos que a realidade que vivimos non é a mesma que noutros lugares do mundo. Por iso foi tan interesante esta actividade na que fixemos video-cartas para comunicarnos con alumnado da República Dominicana na que aprendemos sobre o país e tamén sobre como vive xente da nosa idade noutros lugares.

1303, 2023

Obradoiro 4: queridas videocartas!

13 Marzo, 2023|Categorías: Animación, Blog, Colectivos Culturais, Comunidades, Cooperación e voluntariado, Escola, IES Carlos Casares, Interculturalidade, Medios, Sociedade, Videocartas|

Desta volta a nova visita de Roi de @agareso_ong veu cunha aprendizaxe sobre a República Dominicana: un pais con paradisíacas praias (moitas veces esa é a única realidade que se nos amosa) e no que profundamos a través dos “Bateys”, os seus suburbios construidos con infracasas. Alí nun deses bateys hai un centro de secundaria que este ano tamén participa no
1303, 2023

Obradoiro 4: Videocartas co batey La Balsa, República Dominicana

13 Marzo, 2023|Categorías: Batey La Balsa, Blog, Centros de ensino, Comunidades, Escola, IES Pintor Colmeiro, Interculturalidade, Medios, Micro-videos, República Dominicana, Sociedade|

No obradoiro de hoxe achegámonos á realidade do “batey” La Balsa, na República Dominicana. Aprendemos que un “batey” é un asentamento ligado á historia das plantacións de azucre, que ben vale unha investigación na rede.

Como non podía ser doutra maneira, primeiro Roi fixo un escaneo para ver que sabiamos do país. Unha vez centrado o tema, fixemos unha serie de consideracións sobre o privilexio, a desigualdade social, o acceso ós recursos, etc.

Cando xa se despertara por completo a nosa curiosidade, fixemos un percorrido pola aldea da man das “videocartas” de varios dos seus habitantes nunha sorte de “Elixe a túa propia aventura”, visitando primeiro aquela información que máis nos chamaba a atención. Podería parecer que a súa realidade é do máis oposta á nosa pero para a nosa sorpresa, temos moitas cousas en común 🙂

Por último, quixemos corresponderlles a esas […]

2102, 2023

3º Obradoiro: Stop racismo.

21 Febreiro, 2023|Categorías: Blog, IES Illa de Ons, Memes, Racismo e Xenofobia|

Empezamos o ano 2023 fomentando o respecto cara o diverso, a empatía e a humildade para loitar contra o racismo escoitando información diversa e moitas veces manipulada procedente da prensa. Despois de ler, escoitar e aprender puxémonos a práctica e fixemos varios memes para loitar contra eses discursos e  narraciones cargadas de odio e prexuicios.

2002, 2023

As palabras importan, e moito.

20 Febreiro, 2023|Categorías: Blog, IES Carlos Casares, IES de Brión, IES Illa de Ons, IES Pintor Colmeiro, IES Praia Barraña, Memes, Migracións, Racismo e Xenofobia|

Comezamos o 2023 realizando o terceiro obradoiro nos diferentes IES que participan en EpDLab. Esta actividade leva con nós xa case 8 anos. Se ben é certo que fixemos adaptacións, é unha sesión que dende o primeiro ano funcionou moi ben, xa que traballa un aspecto básico como é a empatía.

A actividade comeza provocando, con un vídeo no que unha persoa define de maneira “peyorativa” a outra a partires do xentilicio “galego”. Ao alumnado resúltalle moi sinxelo identificarse e sentirse apelado ao veren o vídeo. A partir deste momento, pasamos do particular ao xeral e falamos de persoas migrantes, do tratamento informativo e de como a linguaxe coa que nos referimos as persoas migrante non é neutral.

Nun segundo bloque desta sesión falamos doutro colectivo co que convivimos pero que está invisibilizado ou, no peor dos casos, discriminado, falamos das persoas […]

Go to Top