Último obradoiro deste curso de Epdlab
Con moita pena despedimos os obradoiros deste curso con Epdlab. Neste último obradoiro falamos das fake-news e fixemos un breve resumo do que fixemos ao longo do curso: Anxos e Noa fixeron de portavoces contando cales foron as suas impresións e que aprenderon nos obradoiros.
Agora prepararemos a presentación para o resto do centro!

Contra-publicidade consumo responsable: obradoiro 5
Co obradoiro 5 entramos de cheo no corazón do sistema: o consumo. A través da análise crítica da publicidade e das relacións económicas globais, a mocidade participante descubriu o que se agocha detrás das grandes marcas, das mensaxes publicitarias e dos hábitos de consumo que damos por feitos. Aprendemos a mirar con outros ollos, a desmontar discursos e a pensar antes de comprar.
Comezamos falando de desigualdades globais, cambio climático e pobreza, e pronto nos demos conta de que todo está conectado: a auga que gastamos para facer unha camiseta, as condicións laborais das mulleres nos países produtores, o lixo que xeramos, os anuncios que nos empuxan a mercar sen pensar…
> “Pensaba que consumía responsablemente, pero agora vexo que non facía nin o 1% do que pensaba”, “Os anuncios son máis falsos do que pensaba” ou “A roupa non só contamina, […]
Construíndo futuro
María Lobo, integrante de @agareso_ong , reuniuse esta semana con docentes do #iescarloscasares para analizar en profundidade o sistema educativo e algunhas das necesidades que dende os centros chegamos a ter, por exemplo, en relación á educación para a cidadanía global. A actividade foi un éxito, servindo non só para poder compartir inquedanzas, ou desexos, senón tamén para poder planificar accións futuras reais, coma o vindeiro #epdlab11 . Dende o IES agradecemos esta oportunidade de construír futuro xuntas. María, grazas!! 💜

Epdlab 10, obradoiro 5: contrapublicidade vs pegada ecolóxica
Hoxe desenvolveuse en 2⁰ESO o obradoiro 5 do #epdlab10 , desta vez adicado a reflexionar sobre a pegada ecolóxica do ser humano no planeta. O grupo reflexionou sobre aspectos tan interesantes como p reparto desigual de recursos, a sobreexplotación humana e do medio ambiente en países onde as condicións laborais e lexislativas promoven a invasión por parte do sistema capitalista ou o feito de que, ao ritmo que consumimos no mundo “avanzado” precisamos máis de 6 planetas coma o que temos para seguir adiante do mesmo xeito que ata agora. Finalmente, o alumnado de 2⁰ESO expresou as súas opinións a través de mensaxes en formato contrapublicidade.

Obradoiro 4: videocartas
No Obradoiro 4 de EpDLab cruzamos o Atlántico para abrir unha conversa directa entre a mocidade galega e a dominicana. A través de cartas en formato vídeo, falamos en primeira persoa das nosas vidas, soños, medos e esperanzas. Que cousas nos unen? Que realidades vivimos? Como se constrúe o futuro desde lugares tan diferentes e á vez tan conectados?
Este obradoiro está pensado para practicar a educación intercultural desde a experiencia directa, promovendo o coñecemento doutras realidades e, sobre todo, o recoñecemento mutuo. A creación audiovisual permitiunos traballar a expresión, a escoita e a empatía ao tempo que reflexionamos sobre o papel da Cooperación Galega, sobre as desigualdades e sobre o que significa crear alianzas reais entre persoas. Algunhas das achegas do alumnado foron:
“Aprendín que a nosa realidade non é a única”, “As historias en primeira persoa axudan a entender […]
Un novo obradoiro sobre consumo e publicidade
Este último venres antes das vacacións falamos sobre diferentes temas que nos afectan neste mundo que debemos coidar. Coñecemos en que consistía a pegada ecolóxica: descubrimos canto consumimos e a consecuencia para o futuro do planeta. Tamén falamos das estratexias publicitarias que se utilizan para vender pr0dutos que teñen que percorrer miles de kilómetros ata chegar a nós e como a industria agroalimentaria é a responsable de desforestación de amplias zonas do planeta.
E nós que podemos facer? Aprendemos a facer contrapublicidade! Un contra-anuncio para desmontar o discurso publicitario consumista.