No último obradoiro deste curso fixemos memoria de todo o vivido e aprendido en EpDLab. Foi tempo de lembrar, reflexionar… e tamén de mirar cara adiante. Falamos de activismo e cooperación, e de como cada persoa pode ser parte do cambio pero sempre dende o colectivo.

Pensamos nos temas que máis nos interpelan, nos que nos gustaría implicarnos, e gravamos pequenos vídeos animando á acción colectiva. Porque si, son as pequenas accións ( ou máis ben, as que parecen pequenas) as que realmente van mudar o mundo.

Grazas unha vez máis a Agareso por acompañarnos neste camiño. Agardamos vervos de novo o próximo curso para seguir construíndo futuro en dende unha educación comprometida.