No penúltimo obradoiro do curso, o grupo de 1º B mergullouse nun tema que nos toca de preto: o consumo responsable e o coidado do planeta. Con Roi falamos sobre que significa realmente consumir de maneira consciente: como tomamos decisións de compra, como nos inflúe a publicidade e cal é a nosa pegada ecolóxica.

Algunhas cifras déronnos un bo susto, pero tamén nos axudaron a abrir os ollos e reflexionar sobre o noso impacto no mundo. Para pechar a sesión empregamos Canva para crear propostas de contrapublicidade e demos saída á nosa creatividade desmontando mensaxes comerciais e apostando por outras máis xustas e sostibles.