María Lobo, integrante de @agareso_ong , reuniuse esta semana con docentes do #iescarloscasares para analizar en profundidade o sistema educativo e algunhas das necesidades que dende os centros chegamos a ter, por exemplo, en relación á educación para a cidadanía global. A actividade foi un éxito, servindo non só para poder compartir inquedanzas, ou desexos, senón tamén para poder planificar accións futuras reais, coma o vindeiro #epdlab11 . Dende o IES agradecemos esta oportunidade de construír futuro xuntas. María, grazas!! 💜