Este último venres antes das vacacións falamos sobre diferentes temas que nos afectan neste mundo que debemos coidar. Coñecemos en que consistía a pegada ecolóxica: descubrimos canto consumimos e a consecuencia para o futuro do planeta. Tamén falamos das estratexias publicitarias que se utilizan para vender pr0dutos que teñen que percorrer miles de kilómetros ata chegar a nós e como a industria agroalimentaria é a responsable de desforestación de amplias zonas do planeta.
E nós que podemos facer? Aprendemos a facer contrapublicidade! Un contra-anuncio para desmontar o discurso publicitario consumista.