Unha xornada marabillosa! Ese foi o resumo que fixemos ao remate do Hackaton: un encontro do alumnado dos cinco institutos que participamos no Epdlab en Silleda.
Comezamos facendo xogos de coñecemento e xa nos organizamos en grupos para traballar diferentes temáticas: caa un/ha escolleu coa que máis se sentía identificado/a. Fixemos vídeos, respostamos preguntas, fixémolas nós…. ata a hora de comer na que compartimos unhas riquísimas pizzas.
Pola tarde puxemos en común o que fixeramos: que aprendemos? que nos gustou? que nos gustaría que pasa no próximo hackaton? E ademais dun agasallo levamos novas amizades!