Moi agardado por ser un cumpre redondo. Dez anos de #epdlab, etiquetados desta volta co #epdlab10, pasaron nun suspiro. Programa veterano, consolidado e que ano a ano se actualiza mellorando as súas dinámicas na educación para a cidadanía global. Onte día 9, Roi e María xuntáronnos a Brión, Bueu, Silleda, Boiro e Viana no auditorio de Bandeira, para poñernos cara e desenvolver unha tarefa común. Velaquí vai a crónica de Marinha e Noa.
Este mércores 9, o alumnado de 2°ESO, participamos no Hackathón, o encontro anual do proxecto epdlab en Bandeira, Silleda. Durante a xornada xuntámonos co alumnado de 4 centros máis, fixemos distintas actividades e para finalizar, despedímonos facendo uns memes relacionados coa actividade e unha valoración en distintos murais. Pasámolo xenial!
Enlace á nova en O Sil