Onte 3 de abril tivo lugar na aula de 2⁰ da ESO un dos obradoiros #epdlab10 mellor valorados todos os anos. A oportunidade de poder coñecer unha comunidade educativa da República Dominicana ao tempo que amosamos a nosa realidade sociocultural ás compañeiras e compañeiros da illa foi moi ben aproveitada polo noso alumnado en formato de videocartas.