Un curso máis, no IES Pintor Colmeiro, comezamos co EpdLab, esta vez co alumnado de 2º ESO desdobre 1.
Na primeira sesión, no mes de outubro, fixemos as enquisas iniciais para coñecer as nosas inquitudes e saber de que punto partimos en relación ao desenvolvemento, a igualdade de dereitos e a xustiza social.