No terceiro obradoiro de EpDLab descubrimos algo que non esperabamos que tivese tanto impacto: a linguaxe que usan os medios, tanto o que din como o que amosan en imaxes ou símbolos. Fixámonos en como iso inflúe na maneira na que vemos o mundo, sobre todo cando se fala de temas como as migracións, a diversidade cultural ou a convivencia entre diferentes culturas.
Durante a sesión puxemos a lupa en como os medios falan de certos colectivos. Analizamos titulares, fotos, vídeos… e deuseme conta de que moitas veces repiten estereotipos ou dan unha visión moi parcial e negativa, sen contar toda a realidade. Foi unha sesión potente, falamos sen filtros sobre racismo, xitanofobia, desigualdades e exclusión social. Houbo momentos duros, pero tamén moitos nos que aprendemos e escoitamos cousas que nos fixeron cambiar de opinión.
Un dos temas que máis nos fixo pensar foi o dos prexuízos. Moita xente recoñeceu que tiña ideas feitas que nunca cuestionara. Comentarios como “pensaba que os xitanos eran todos iguais e agora vexo que non” ou “non me decataba de que o racismo estaba tan presente en tantas cousas” sairon de varias persoas do grupo. E é que, cando paramos a pensar e a falar con sinceridade, decatámonos de canto temos por aprender.
Tamén falamos da importancia de comunicar con responsabilidade e con empatía, porque ao final as palabras e as imaxes poden facer moito dano… ou axudar a construír un mundo máis xusto. Gustounos moito poder opinar sen medo, escoitar aos demais e sentir que o que dicimos importa. Estes espazos fan falta, e nós temos moitas ganas de seguir falando destas cousas e e ademais, pasámolo xenial mentres aprendíamos con Roi
!