Hoxe coñecemos aos remitentes da nosa videocarta! Coñecemos como é a vida na República Dominicana e vimos que non teñene as mesmas oportunidades ca nós.
Nós mostrámoslles como vivimos: o noso centro, as nosas aficións, o noso clima… e queremos saber máis deles/as aí que lles fixemos moitas preguntas das que agardamos resposta.
Foi unha sesión moi produtiva, como todas as sesións deste curso!