No terceiro obradoiro do EpDLab o alumnado de 1° B reflexionou con Roi sobre a importancia da linguaxe, sobre como nos inflúen os termos que se utilizan para comunicar certas noticias e referirse a determinadas persoas, sobre como nós mesm@s deberíamos fixarnos máis nas verbas que utilizamos para falar do mundo que nos rodea. E as imaxes?? Son as imaxes que acompañan a información tan neutras ou inocentes como podemos pensar?? Analizando noticias démonos conta de que non. Lemos na clase noticias con palabras tapadas e outras non, tentando adiviñar de que falaban, e nada máis lonxe do que pensábamos! . Falamos do discurso de odio e de como as palabras son importantes para difundilo, para que crear en nós prexuízos que nublan a nosa visión da realidade. A partir de agora estaremos máis atentos de seguro a estas mensaxes que nos chegan, e seremos un chisco máis críticos, darémoslle unha voltiña antes de crer o primeiro que nos conten. Ou polo menos, tentarémolo.
Para rematar fixemos memes contra o racismo e a xenofobia.