Na segunda sesión de EpDlab, no IES Pintor Colmeiro, analizamos o impacto das noticias falsas, os discursos de odio e a desigualdade social. O alumnado destacou a importancia de cuestionar as informacións que consumimos, aprendendo que moitas fake news están deseñadas para manipular e prexudicar.

A través do obradoiro, tomaron conciencia de temas como o machismo, o racismo e a violencia de xénero, reflexionando sobre como estas inxustizas persisten no día a día. Descubriron tamén a necesidade de pensar de forma crítica e ser conscientes das realidades que, ás veces, pasan desapercibidas.