No segundo obradoiro desenvolvido neste mes de decembro traballamos sobre os discursos nos medios de comunicación, especialmente na súa relación cos prexuízos que afectan a colectivos minoritarios como as persoas migrantes, as mulleres e as minorías raciais. Analizamos diferentes noticias reais, tanto de prensa escrita como das redes, para reflexionar sobre como os a desinformación e so bulos son a base sobre a que se constrúe o discursos de odio.

Aprendemos tamén como esa é unha ferramentas que contribúen a xustificar a exclusión e discriminación e que isto ten consecuencias directas na vida das persoa. Empregamos para isto vídeos e contidos de redes de xente coñecida polo alumnado para que conecten eses discursos que as veces lles chegan por canles aparentemente de entretemento. O obxectivo final da sesión é desenvolver o pensamento crítico coa intención de que sexan quen de detectar eses discursos e teñan máis ferramenta para unha lectura comprensiva de medios. Coma sempre, saíron algunhas conclusións moi interesantes:

– “Que as cousas non son sempre o que parecen e que hai que saber o contexto!.
– “Antes pensaba que con unha imaxe podo saber os feitos pero dinme conta de que se necesita saber todos os lados da historia para saber a verdade”.
– “As noticias son moi manipulabes. Debes pensar dúas veces antes de crerte unha noticia”.
– “Divertido y educativo”.