Esta semana continuamos co proxecto #EpDlab10 no IES de Brión cun obradoiro de. Desta vez reflexionamos sobre os discursos de odio, o racismo, o machismo e a influencia das fake news, aprendendo a combatelos cunha ferramenta clave: a creación de vídeos con mensaxes positivas.

O alumnado destacou o impacto dos prexuízos e a desigualdade no mundo, recoñecendo que moitas veces as noticias e imaxes non amosan toda a verdade. Reflexionaron sobre a importancia de entender o contexto e evitar xulgar sen información. Como sinalaron algúns participantes: *”Non aos discursos de odio”*, *”Unha imaxe non interpreta todo”* e *”As cousas non son sempre o que parecen.”*

Tamén compartiron aprendizaxes clave, como identificar fake news e comprender que detrás de toda información esta a subxectividade de quen a publica ou inlcluso os seus intereses. Foi un obradoiro que puxo o foco na importancia de contrastar as fontes e non crer todo o que vemos de primeiras.

Esta actividade foi tanto educativa como entretida, deixando claro que cada un de nós pode ser parte do cambio. Seguimos adiante no camiño de crear unha sociedade máis crítica, respectuosa e igualitaria! 🌟📹