Toda a información que lemos e vemos nas redes e nos medios é fiable? Como recoñecer os bulos ou “fake news”? Por que en ocasións damos por certas informacións que non o son?

Sobre todo isto estivemos reflexionando no último obradoiro que tivemos con Roi dentro do proxecto EpDLab. Falamos da importancia das imaxes, do formato dos textos, das fontes, do sesgo de confirmación, e, sobre todo, da importancia de ser críticos coas toneladas de información que nos chegan cada día a través das redes.

Para rematar, fixemos os nosos propios vídeos desmentindo bulos e explicando como actuar ante eles.