A información é poder, pero tamén responsabilidade. As fake news xogan un papel crucial na propagación do discurso de ódio, e, por iso, é vital aprendermos a detectalas. O noso alumnado de 2º ESO traballou hoxe na reflexión sobre a importancia de identificar e combater as noticias falsas, imprescindíbel para frearmos a intolerancia e a división na nosa sociedade, e gravou un vídeo sobre o aprendido.