Este ano, o primeiro obradoiro da décima edición de EpDLab (si, xa van q0e anos!) comezou cunha dinámica colectiva onde o alumnado compartiu as súas expectativas e necesidades en torno ás temáticas do proxecto. Durante a sesión, destacamos a educación como un dereito universal, esencial para crear un futuro máis xusto e igualitario para todas as persoas.

A través dinámicas de pensamento colectivo, mapas sobre a distribución do acceso á educación ou estatísticas sobre a desigualdade, vimos como a educación é clave para reducir as diferenzas de oportunidades. Tamén, exploramos os ODS e coñecemos a traballo de mulleres activistas que loitaron pola educación, ofrecendo exemplos de cambio real.

As conclusións do alumnado foron claras e reflexivas: “a educación é un dereito fundamental”, “non todo o mundo teñen as mesmas oportunidades” ou “antes pensaba que as mulleres podían estudar e agora sei que non”. Tamén reflexionaron sobre a importancia de loitar pola igualdade: “Non existe a verdadeira igualdade, pero aínda podemos mellorar as cousas”. Reflexións que indican, a noso parecer, que contidos coma estes poden ser o inicio para fomentar entre a mocidade unha actitude activa e participativa cara o cambio social.

Para pechar o obradoiro, o alumnado traducíu as súas aprendizaxes nunha actividade creativa: fotografiar as súas conclusións acompañadas de textos e slogans, utilizando a app Phonto. Un inicio dinámico e divertido para un proxecto do que, ano tras ano, aprendemos do estudantado.