A pasada semana arrancamos co primeiro obradoiro de **#EpDlab10** no IES de Brión, onde reflexionamos sobre a importancia da educación como motor de cambio e aprendemos a usar unha ferramenta de foto e texto para crear mensaxes positivas 🌍📸

Durante a sesión, o alumnado destacou temas como a igualdade, o acceso á educación e o activismo. Aprenderon que, aínda que a igualdade real non existe en todo o mundo, podemos contribuír a cambiala. Reflexionaron sobre a historia de Malala Yousafzai, a súa loita pola educación e a realidade de millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola.

Entre as aprendizaxes clave destacaron a importancia de agradecer o que temos, respectar os dereitos dos demais e recoñecer o poder da educación para transformar vidas. Como algúns deles resumiron: *“Que si se pode cambiar o mundo”* ou *“Que todos temos os mesmos dereitos.”*

Foi un obradoiro inspirador e educativo que nos axudou a entender mellor as inxustizas que persisten no mundo e o impacto que podemos ter para combatelas. Seguimos con ganas de aprender e crear un futuro máis igualitario! 💪✨