Este mes iniciamos o proxecto EpDlab no IES Pintor Colmeiro de Silleda cun obradoiro onde reflexionamos sobre a igualdade, o respecto e a educación como dereito fundamental.
O alumnado destacou que actividades como esta axudan a valorar a sorte que temos, recoñecer as desigualdades que persisten no mundo e comprender o impacto da educación para cambiar vidas. Aprenderon historias inspiradoras como a de Malala e Sonita, que lles fixeron ver que pequenos pasos poden marcar grandes diferenzas.
Como un deles resumiu:“Temos que mellorar o mundo. Seguimos avanzando con ilusión neste camiño de reflexión e aprendizaxe.