No primeiro obradoiro do curso 2024/2025 comezamos reflexionando sobre o que supón a educación para o noso futuro. Temos as mesmas oportunidades de cumplir as nosas metas e soños se non temos acceso á educación? Todos os nenos e nenas do mundo temos as mesmas oportunidades no eido educativo? Que supón o non telas para a nosa vida adulta? Coñecemos que en moitos países a educación está garantida, pero en moitos outros os nenos e nenas non teñen acceso á educación e iso marca o seu futuro.
Rematamos a sesión creando fotomontaxes a favor do dereito á educación e defendendo a igualdade de oportunidades para todos os que, coma nós, están en idade de formarse.
Sobre que tema nos fará pensar Roi no próximo encontro?