Na última semana tocou botar a ollada atrás e valorar todo o aprendido. Fixemos unha enquisa para a avaliación do proxecto e aproveitamos para facer uns murais para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras todo o que traballamos durante o curso no proxecto EpDLab. Organizámolos arredor de tres preguntas: De que temas falamos? Que ferramentas utilizamos? e Que sabemos agora que antes non sabiamos? E a verdade é que aprendemos unha chea de cousiñas, como que non todos os nenos e nenas teñen a sorte de poder ir á escola, que temos que ser críticos co que vemos e lemos en redes e medios, que hai persoas que son tratadas de xeito diferente pola súa cor de pel ou cultura, que gastamos unha chea de auga en fabricar a nosa roupa… Moitos temas e moitas aprendizaxes! Graciñas a Agareso e a Roi por compartir con nós todo o que saben e facernos persoas máis críticas e respectuosas cos demais e co medio no que vivimos.
Ata o próximo curso!!