O pasado venres tivo lugar no noso IES un interesante intercambio de experiencias e proxectos que está a desenvolver o noso alumnado do primeiro ciclo da ESO. O alumnado de 2⁰ presentou ao de 1⁰ o proxecto #epdlab9 sobre educación para a cidadanía global, que o alumnado de primeiro desfrutará o vindeiro curso na súa décima edición. A valoración foi moi positiva, sendo a actividade top o Hackathón, encontro anual do #epdlab e que reúne aos cinco centros participantes en Bandeira, Silleda. Pola súa parte, o alumnado de 1⁰ presentou ao de 2⁰ o proxecto “Animal, compi de ecosistema”, unha campaña contra o maltrato animal que será parte dun congreso da axenda 2030 o vindeiro día 14 en Oleiros (A Coruña).