Neste obradoiro realizamos a través dunha videocarta unha emocionante viaxe á República Dominicana. Estudantes de Marcorís, do Colexio San Fernando,  compartiron con noso alumnado o seu día a día.  Neste obradoiro fixeron un percorrido virtual polo batey La Balsa observando así as diferenzas e similitudes coa nosa propia realidade.  A través desta videocarta de estudantes cunha idade similar tomaron conciencia da realidade global na que vivimos. Sen dúbida unha xperiencia educativa moi enriquecedora!