Un curso máis, chegamos as vacacións de semana santa viaxando a República Dominicana. Desta vez, foi o alumnado de Marcorís e do Colexio San Fernando as encargadas de contarlle parte do seu día a día ao alumnado galego quen, unha vez máis, gozou de coñecer a rapazada coma ela mesma pero que está e milleiros de quilómetros de distancia.
No obradoiro tamén puideron facer un percorrido virtual polo batey La Balsa, que lles permitiu coñecer as diferenzas en canto ao acceso a servizos básicos, pero tamén, as similitudes con estas mocidade ou o papel de Cooperación Galega. Todo para falarlles tamén do “Índice de Desenvolvemento Humano” e que sexan máis conscientes da realidade global na que vivimos. Unha vez máis as respostas anónimas do final da sesión amosan gran variedade de intereses nas aprendizaxes que consideran que tiraron dunha sesión que adoita ser, ano tras ano, das que más gozan en todo o itinerario:
- Precioso, aprendín moitas cousas que antes non sabía e agora son consciente do que pasa noutros países.
- Antes pensaba que máis ou menos era todo igual nos países pero agora xa vexo que non.
- Que a pobreza era non ter cartos e agora que non é só isto.
- Antes pensaba que República Dominicana era un paraíso e agora penso que non todo é perfecto.
- Que só había países ricos e pobres, agora sei que non.
- Aprendín a valorar o que temos e que temos moita sorte de ter moitas cousas, por exemplo, aprendizaxe.