O pasado xoves, o alumnado de 1⁰ ESO analizou a situación actual dos recursos do planeta: quen os controla, como se reparten, que uso se lles dá, que materiais se producen e onde e tamén como se xestionan os residuos. A situación é clara: os países empobrecidos son así de pobres porque o mundo rico usa os reus recursos e produce barato e contamina fóra das súas fronteiras. Fíxose especial fincapé nun dos bens máis preciados que temos: a auga. Unha xenial reflexión na que nos acompañou Roi Guitián, de @agareso_ong .