O pasado mes de xaneiro realizamos actividade 3 do proxecto nos diferentes IES. Nesta sesión abordamos a nosa relación con outras persoas ou culturas a partir das linguaxes, tanto textuais como o das imaxes. Trátase dun obradoiro bastante dinámico no que o alumnado fai diferentes exercicios, a modo de pequenos xogos, que buscan captar o seu interese. Despois de cada unha destas actividades, nos momentos de devolución, tratamos de introducir unha mirada crítica de cara a información que consumen (de maneira directa e indirecta) e, tamén de cuestionar os prexuízos ou estereotipos que temos como individuos e como sociedade. Algunhas das respostas anónimas recollidas ao final da actividade dan boa conta da variedade a calidade das aprendizaxes:
- Antes pensaba que os inmigrantes eran tolos, máis agora penso que so queren vivir ben.
- Como se sinte a xente discriminada.
- A inmigración arrisca vidas.
- Os medios din toda a verdade… mentira! Din o que lles convén.
- Que o racismo comeza na maneira de dicir as cousas e que os medios manipulan o que pensamos.
- O racismo é como uns anteollos, a xente ignorante sempre os levará postos.
- Pensar antes de actuar. Os inmigrantes e toda a xente somos PERSOAS.
- Agora sei como se sinte unha persoa discriminada. Ás veces os estereotipos non nos deixan coñecer unha boa persoa.