No obradoiro de hoxe, botamos abaixo o racismo e a xenofobia a través de memes para que todo o mundo saiba que nós dicimos ao racismo e á xenofobia NUNCA MÁIS!
Previamente, visualizamos un vídeo dun neno xitano que explicaba que se sentía desprazado porque no seu centro educativo nunca se falaba da súa cultura nin etnia. Ademais estivemos analizando titulares de xornais con trazos racistas.