No terceiro obradoiro “As palabras importan” comezamos cun xogo no que tiñamos que adiviñar o tema dunha noticia á que lle faltaban moitas palabras e tamén tivemos que imaxinar unha escena para unhas fotografías. Nos dous casos fixéronnos pensar en guerras, atentados, algo escuro… cando en realidade eran noticias sobre a emigración! Isto levounos a reflexionar sobre a importancia das palabras que se usan para falar deses temas.

Esa reflexión levounos tamén a falar do tráfico de persoas e do “valor” dos pasaportes (a onde permiten viaxar) dependendo de en que país estean emitidos.

Continuamos vendo prexuízos e estereotipos que hai na nosa sociedade, o máis antigo sobre a comunidade xitana.

Terminamos o obradoiro creando memes contra o racismo.