Neste terceiro obradoiro do EpDLab Roi falounos da importancia da linguaxe, do léxico utilizado á hora de redactar as noticias e transmitir informacións.

Comezamos botando un ollo a unhas noticias nas que só podiamos ler algunhas palabras, e logo xogamos a adiviñar que nos contaban unhas imaxes. O léxico utilizado nas noticias e a selección das imaxes leváronnos a pensar en temas que, en moitos casos, non tiñan nada que ver co contido real da noticia. Quedamos parvos co importantes que son as palabras que utilizamos á hora de crear unha determinada impresión nos receptores!

Analizamos o mapa mundial da movilidade. Todo o mundo pode viaxar onde queira? A parte do planeta onde vives inflúe nestas posibilidades de movemento?

Para rematar, puxémonos na pel duns descoñecidos e descoñecidas ás que ao principio non lles coñeciamos a cara e nos contaron situacións ou sensacións vividas por eles e elas.

Unha vez que tivemos postas as gafas contra o racismo, elaboramos memes para loitar contra este mal que, desgraciadamente, segue presente na nosa sociedade.