Neste terceiro obrador de EpDLab, Roi destacou a esencial importancia no emprego da nosa linguaxe e do uso do léxico. Vaia se importan as palabras e ollo cas noticias informativas!

Comezamos  mergullándonos nunha actividade onde só tiñamos acceso a algunhas palabras dalgunha noticia seleccionada. Logo, intentamos adiviñar o contido a través de imaxes. A elección precisa do léxico nas noticias e das imaxes provocou unha reflexión poderosa sobre temas que, moitas veces, non estaban relacionados co verdadeiro contido, temas sempre cunha clara tendencia racista.

Para rematar, sumerxímonos nas vivencias de persoas alleas. A través dos seus relatos, descubrimos experiencias e sensacións que, inicialmente, nos eran alleas. Foi un recordatorio impactante da diversidade e complexidade do mundo en que vivimos.

E, como resposta contundente contra o racismo, dedicamos tempo a crear memes combativos.