Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Curso 23-24
Un curso máis, no Colmeiro estamos de noraboa. Contar con María e con Roi é algo así como mellorar o equipo docente en moito máis de dúas persoas. O alumnado estaba ansioso por comezar os […]