Neste mes de decembro realizamos o segundo obradoiro de EpDLab. Como en anos anteriores, para comezar fixemos un pequeno xogo con xornais de noticias da prensa e outros de El Mundo Today. Esta actividade sempre e divertida e, ademais, tiran aprendizaxes relevantes sobre as dificultades para distinguir unha noticia real doutra que non o é. Sobre todo, cando esa noticia falsa serve para reafirmas nosa percepción.
Tamén falamos de discurso de odio cara diferentes colectivos: persoas migrantes, movemento feminista, ou persoas en situación de pobreza. Para facer isto empregamos materiais de anos anteriores pero tamén outros actualizados. Con vídeos de Afropoderossa ou de Lamine Thior. Con este segundo vídeo quixemos facer ver como o discurso de odio ten un impacto real na vida das persoas e ser conscientes diso para contribuír a cambiar a realidade. Por último, falamos de aporofobia e vencellámolo con Llados, unha personaxe da redes que é popular dentro dun segmento (masculino) das aulas de ESO. Todas estas referencias actuais funcionaron moi ben e serviron para canalizar debates ben interesantes na aula.
Pechamos o post con algunhas das reflexións que anotou o alumnado nos ticket de saída:
- Non sabía que pasaba isto e quero axudar. Tamén a respetar aos demais.
- Que non estamos todos nas mesmas condicións ou non as tivemos.
- Moi divertido e útil, aprendín moito.
- Que os que fan as fake news eran tontos, máis saben como engañarnos.
- Non é todo como pensamos. Pónñennos unha bomba de fume para non ver a realidade.
- Aprendín que a xente só pensa no seu ben e non teñen empatía co mundo e coas persoas que realmente están pasándoo mal, xa que eles viven en perfecto estado. Aínda que si que hai xente boa neste mundo e agradécese.