O 18 de decembro, levamos a cabo o segundo obradoiro. Comezamos cunha dinámica utilizando recortes de xornais que ofrece importantes ensinanzas sobre a dificultade de distinguir entre noticias verdadeiras e ficticias.
Tamén abordamos o tema do discurso de odio cara a diversos grupos, como persoas migrantes, o movemento feminista ou persoas en situación de pobreza. O discurso de odio ten repercusións reais nas nosas vidas e nós non nos debemos deixar enganar.