O primeiro obradoiro do Epdlab centrouse na importancia da educación. Reflexionamos sobre como condicionaria a vida futura non ter acceso ao ensino para a continuación coñecer datos sobre a porcentaxe de nenos e nenas que non teñen acceso a ese dereito, vendo, ademais, que o mapa dos países cunha porcentaxe alta de rapazada que non vai á escola coincide cos países onde hai maior porcentaxe de pobreza.