Novo curso escolar e nova andaina da man de Roi Guitián. Os obradoiros de EPDLAB retornaron un ano máis ás aulas do Illa de Ons, abrindo as portas a unha nova experiencia educativa.

O primeiro encontro deste ano partiu dunha reflexión colectiva sobre os grandes temas que enchen os corredores da educación. Desde os alicerces do dereito universal á educación ata a entrelazada rede dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Xuntos exploramos o panorama educativo, o dereito a educación é realmente un privilexio ou un dereito? Lamentablemente non todos teñen a oportunidade de ir a escola, 15 millones de nenas e nenas non teñen este dereito. Entón non é universal?