Un aniño máis, e van nove, arrancou na aula de 2⁰ da ESO o proxecto de educación para a cidadanía global #epdlab9

Nesta primeira sesión Roi presentouse ao noso alumnado, e viceversa. As temáticas traballadas outros anos, os memes e outros traballos mobilizaron á aula, que o vindeiro día 6 de novembro terá a ocasión de empezar a analizar e mellorar o mundo que a rodea.