O pasado xoves o alumnado de 1° ESO B traballou con Roi nun novo obradoiro de #epdlab8, organizado por AGARESO. Desta vez tocou reflexionar sobre o consumo responsable: necesitamos todo o que consumimos? Sabemos o impacto que ten no medio ambiente a fabricación dos productos que compramos? Que son os produtos de proximidade? Como funciona a publicidade? Que é a contrapublicidade? Para rematar, o alumnado creou coa app canva textos contrapublicitarios.