Todo o bo remata. Cando nos embarcamos nesta aventura, sabiamos que sería só para este curso. Por sorte, aquelo que aprendemos quedará sempre con nós, así como a experiencia tan fantástica que supuxo para nós o EpDLab.
Neste derradeiro obradoiro fixemos un repaso por todos os anteriores e para sorpresa de unha mesma, a información seguía alí; é o que ten a apredizaxe significativa!
Para cerrar esta última sesión, falamos de activismo e cambio social e como non, creáronse ONGs que deixan de manifesto o potencial da xuventude. Gracias a AGARESO, gracias a Roi e a María e gracias ao alumnado participante.