Aquí van os tips desta excelente actividade de análise de medios levada a cabo con novo alumnado e docentes do IES.
Resumo nun minuto
- A actividade é útil, dinámica e impactante. Útil porque, cando menos, traballa de forma activa diferentes competencias, entre elas a lingüística e a cidadá. Dinámica porque promove a opinión crítica, o debate, e non a mera escoita. E impactante porque xera sinerxias promotoras de cambio social.
Momentos que máis interesaron ao alumnado
- A análise de novas de xornais reais e non reais. Na primeira valoración falaron claramente do concepto de fake news, identificando claramente o termo.
Que poden adaptar xs profes
- As dinámicas de traballo, moito. E tamén os contidos, xa que se poden localizar novas de diferentes temáticas en medios de comunicación e adaptalas a diferentes contextos de aula.
Como a recomendaría
- #epdlab é sinónimo de traballo dinámico ben feito. Neste contexto, a análise da realidade que nos rodea é fundamental, e facela de forma crítica vital. Para o alumnado de 1º ESO é moi importante ir desenvolvendo competencias que lles permitan analizar, criticar, filtrar e quedar co verídico e importante do mundo mediático. Esta sesión é o punto de partida perfecto!