Moitas veces esquecemos que a realidade que vivimos non é a mesma que noutros lugares do mundo. Por iso foi tan interesante esta actividade na que fixemos video-cartas para comunicarnos con alumnado da República Dominicana na que aprendemos sobre o país e tamén sobre como vive xente da nosa idade noutros lugares.