Desta volta a nova visita de Roi de
@agareso_ong veu cunha aprendizaxe sobre a República Dominicana: un pais con paradisíacas praias (moitas veces esa é a única realidade que se nos amosa) e no que profundamos a través dos “Bateys”, os seus suburbios construidos con infracasas. Alí nun deses bateys hai un centro de secundaria que este ano tamén participa no
#epdlab e logo de coñecer o seu centro a través de videocartas, lanzámonos a grabar as nosas, nas que lle falamos do noso centro, das nosas aficións e ata do entroido. Coma sempre, un dos obradoiros máis valorados e participativos, por amosarnos unha realidade diferente á nosa e poder interactuar con ela.