Esta pasada semana tivemos a visita de Roi, de Agareso, e durante as dúas sesions que estivemos con él reflexionamos sobre: a linguaxe, as migracións e os medios de comunicación, e como o uso dunhas determinadas etiquetas nos poden facer asociar sensacións positivas ou negativas a unha mesma noticia. Pois cando acabamos asociando un delito a unha determinada cultura estamos criminalizando esa cultura, estamos creando un prexuicio. Para rematar tivemos que poñer en funcionamento a nosa creatividade para facer memes contra o racismo.