Neste terceiro obradoiro do EpDLab afondamos en como se trata nos medios a distintos colectivos: minorías e migrantes.

Analizamos distintas novas e preguntámonos se eses colectivos son tratados obxectivamente. Vimos que existe un marcado discurso de odio, moi vixente aínda. Exemplos coma a situación das persoas xitanas no noso país son sintomáticos do descoñecemento de gran parte da poboación da discriminación que sofren día a día esas minorías. Temos que recordar que non se respecta ao que non se coñece e habería que empezar precisamente por aí.

Para loitar contra toda esa información e manipulación, creamos memes para difundir en redes a nosa oposición a esta visión negativa.