O venres 20 de xaneiro o alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC participou nunha interesante charla para reflexionar sobre a subxectividade nos medios, os bulos e o discurso de odio.
Grazas a Agareso e á súa iniciativa do EpDLab, o noso alumnado puido ver a través de publicacións en medios e redes sociais como se manipula a información pero tamén como facer unha lectura crítica do que lemos e vemos.