No mes de decembro tocou reflexionar sobre a información que difunden os medios de comunicación e as redes sociais. Somos capaces de diferenciar unha información verdadeira doutra falsa? O certo é que non resulta tan doado, porque hai mecanismos sinxelos para facernos crer que unha noticia é auténtica aínda que non o sexa, e, ás veces, a realidade supera a ficción, e cousas que damos por falsas son verdadeiras. A partir dunha actividade para distinguir noticias reais e falsas, arrancamos a sesión.

Continuamos falando do discurso de odio: como os creadores de noticias e bulos escollen a linguaxe utilizada, o enfoque do titular, a fotografía que acompaña a noticia, para facernos chegar a súa mensaxe. A comunicación verbal e visula é un arma moi poderosa, e temos que coñecela para ser receptores críticos. É importante coñecer e contrastar datos, para non deixarnos levar por discursos que se estenden rapidamente e perxudican á nosa sociedade.

Para rematar, traballamos con Madlipz facendo dobraxes contra o discurso de odio e os bulos, e remarcando a importancia de convertirnos en receptores críticos da información, e non deixala pasar polas nosas pantallas dando por suposta a súa autenticidade.