Hoxe arrincamos co noso primeiro obradoiro do EpdLab centrándonos na educación e nos obxectivos para o desenvolvemento sostible.

Primeiro, para despreguizarnos, traballamos en pequeno grupo, comentando ideas xerais para centrar o debate e dando resposta a preguntas como por exemplo Que foi o máis importante que aprendiches na escola? E afondamos en que consecuencias tería para nós que nos visemos privados do noso dereito á educación. Chegamos á conclusión de que sen educación non hai futuro.

Como evitamos entón quedar sen futuro? Avaliamos todos os factores que poden contribuír a isto, tendo sempre presente a perspectiva de xénero. Chegamos entón á idea do activismo e fixemos por grupos a nosa propia achega: a elaboración dun cartel coa aplicación Phonto para capturar esta idea via imaxe e texto.